Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Cambios na cúpula de Inditex | A muller morta en Campo Lameiro coa súa parella estaba rexistrada no sistema Vioxén como de alto risco | Novas agresións a persoal sanitario en Cee e na Coruña | 50 anos da creación do Centro de Investigacións Mariñas | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para dous grandes festexos en Galicia. En Lugo xa está case todo listo para a celebración romana a castrexa do Arde Lucus con máis de 300 actividades programadas. E Santiago xa acolle a centos persoas que asistirán aos concertos do Son do Camiño. Esperánse unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Novas agresións a persoal sanitario na área Coruña-Cee | | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para o Arde Lucus -con máis de 300 actividades programadas- e ‘O Son do Camiño’, que acollerá unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

Tensión entre Alfonso Rueda e a oposición no Parlamento polo apoio do Presidente a Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero. Acusan a Rueda de quitar crédito á vítima ao se pronunciar a prol do exconselleiro | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | A muller morta en Campo Lameiro coa súa parella estaba rexistrada no sistema Vioxén como de alto risco | Últimos preparativos para o Arde Lucus -con máis de 300 actividades programadas- e ‘O Son do Camiño’, que acollerá unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro

Embolsamento de aire frío nunha xornada de ceos moi nubrados despois das treboadas nocturnas que deixaron chuvias importantes sobre todo en puntos da costa da Morte | Chubascos probables nas últimas horas do día na franxa atlántica | As temperaturas máximas oscilan entre os 22 graos previstos en Santiago e os 28 de Ourense

A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O tribunal Supremo recoñece a existencia de falsos autónomos na empresa NovaFrigsa do Grupo Coren en Lugo | Un modelo de predicións do Campus de Ourense calcula como evolucionaría un incendio cara a prever problemas en estradas e liñas de tren | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | O Concello de Vigo multa á Sareb por incumprir ordes de reparación de tres edificios en estado de abandono. Un dos inmobles é a Privada Moderna, onde os veciños levan anos resistíndose ao desafiuzamento | Unha de cada dez persoas consume alcohol decotío en Galicia. Alcohólicos Anónimos celebra os seus 90 anos con 20 centros na nosa comunidade, tres deles en cárceres | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ

A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | As probas de ADN ratifican que os corpos atopados nun coche calcinado en Campo Lameiro corresponden ao propietario e á súa parella | A Xunta vén de autorizar a creación dun centro de recría de vacas de leite con capacidade para máis de 1.200 exemplares. Será un dos negocios deste tipo máis grandes de Galicia e se instalará en Sobrado dos Monxes, provincia da Coruña | O Tribunal Superior de Xustiza ratifica a condena a Jácome por vulnerar o dereito á participación política da oposición no pleno municipal | Celta e Deportivo anuncian fichaxes | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros | O músico galego Sen Senra homenaxea á súa familia e aos emigrantes no seu novo disco; un traballo en formato físico, con vinilo e casete incluídos baixo o título do número de matrícula do coche que tiña seu pai, PO 2054 AZ

Traballadoras de residencias de maiores privadas e dos servizos de axuda no fogar de toda Galicia mobilizáronse hoxe en Santiago. Piden mellores condicións laborais e salariais para un sector, o dos coidados, especialmente feminizado e precario | A actividade parlamentaria comezaba cunha xunta de voceiros extraordinaria na que os nacionalistas pretendían forzar explicacións de Rueda no pleno de mañá polo caso de Alfonso Villares. O Partido Popular impediuno e o tema acabou protagonizando a sesión de hoxe | Unha de cada dez persoas consume alcohol decotío en Galicia. Alcohólicos Anónimos celebra os seus 90 anos con 20 centros na nosa comunidade, tres deles en cárceres | O Centro Dramático Galego pasa a formar parte da Unión de Teatros de Europa, unha prestixiosa rede internacional que lle abre a porta a colaborar cun selecto grupo de 25 centros

No campus de Vigo ás 2 da madrugada tiñan 27 graos e moitas localidades do sur de Pontevedra amencían por riba dos 25. Durante as horas centrais as máximas volverán roldar os 30, co Val do Miño, en Ourense, en alerta por calor por segundo día | A principal novidade serán as treboadas cara última hora do día, especialmente intensas na fachada atlántica a partir das nove da noite. Poden vir acompañadas de saraiba e descargar ata 25 litros de auga por metro cadrado

O Goberno galego aproba unha nova oferta de emprego público para persoal sanitario e a emisión de 16.000 Bonos de Turismo. A oposición denuncia que Din que o apoio de Rueda a Alfonso Villares vai en detrimento da loita contra a violencia machista | Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Os cambios no plan de formación aumentan a oferta de socorristas | Controlada a vertedura no río Landro pero Viveiro segue con restricións | Solta de 300.000 alevíns de troita nos ríos galegos | Un galego entre os campións nas olimpíadas de informática e física de España | Aberta a matriculación nas E.O.I. de Galicia | O Delegado do Goberno sinala que Ourense é seguro | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes | O equipo estadounidense American Magic proclamouse campión da Galicia 52 Super Series | Manuel Ochoa coroase como campión da Copa do Mundo de piragüismo eslalon | O Liceo loitará polo seu noveno título de Liga na final contra o Barça | Sho- Hai, membro fundador de Violadores del Verso, dará o seu único concerto en Galicia no Noites do Porto

Turismo da Xunta emite unha nova edición de bonos, nesta ocasión emitirá 16.000, cos que os usuarios poderán aforrarse ata 120 euros. Estarán dispoñibles a partir de xullo para desfrutalos no vindeiro outono. A outra medida salientada por Alfonso Rueda afecta ao persoal sanitario. A oposición denuncia que Din que o apoio de Rueda a Alfonso Villares vai en detrimento da loita contra a violencia machista | Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Aberta a matriculación nas E.O.I. de Galicia | O Delegado do Goberno sinala que Ourense é seguro | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes | O equipo estadounidense American Magic proclamouse campión da Galicia 52 Super Series | Manuel Ochoa coroase como campión da Copa do Mundo de piragüismo eslalon | O Liceo loitará polo seu noveno título de Liga na final contra o Barça | Sho- Hai, membro fundador de Violadores del Verso, dará o seu único concerto en Galicia no Noites do Porto

Os novos horarios e servizos de alta velocidade para conectar Galicia con Madrid reducen tempos de traxecto pero deixan sen conexión directa a Ferrol e Lugo | Os cambios no plan de formación aumentan a oferta de socorristas | O Goberno galego aproba unha nova oferta de emprego público para persoal sanitario e a emisión de 16.000 Bonos de Turismo | Controlada a vertedura no río Landro pero Viveiro segue con restricións | Campionato de Galicia de traiñeiras de remo; nas categorías absolutas, os máis rápidos foron Ares en categoría masculina e Tirán na feminina. Sonia Boubeta, compoñente do Samertolameu gañador na categoría veterán, foi a primeira campioa galega remando con homes

A semana comeza con forte suba das temperaturas sobre todo nas horas centrais do día que obrigan a activar avisos en Valdeorras e no Val do Miño onde os termómetros poden superar os 36 graos. No resto, valores altos que en xeral roldarán os 30 graos agás na Coruña onde quedarán arredor dos 25 | Tempo anticiclónico que vai durar pouco porque mañá aínda que seguirá a calor a tendencia é a que pola tarde se poidan producir chuvascos por treboada

Rueda pide a convocatoria de eleccións xerais adiantadas na Conferencia de Presidentes. Primero dunha comunidade gobernada polo PP en tomar a palabra, saudou en galego e continuou o seu discurso en castelán | Adega denuncia que a Xunta só analizou 4 sustancias contaminantes das máis de 20 que esixe a UE na valoración medioambiental do proxecto de Altri en Palas de Rei| Unións Agrarias considera imprescindible que se manteñan as PAC | Sinistralidade de tractores: 120 accidentes en 2024 e 16 falecidos | Dous anos e un mes de cárcere para un fisioterapeuta de Santiago que abusou sexualmente dunha paciente e condena a outro home a 10 meses de prisión por lesións á súa parella | A maxistratura de España pecha en Sarria as xornadas xurídicas; foro de debate de referencia no que abordaron a independencia xudicial, a violencia de xénero e a reforma xudicial | Un de cada catro mozos en Galicia de entre 14 e 18 anos aposta diñeiro en xogos de azar | Os catro detidos na liorta de Pontevedra pasan a disposición xudicial. A policía busca ao quinto participante identificado | Patrullas veciñais en Ourense para tratar de facer máis seguros os seus barrios. O SUP desaconsella tales iniciativas e demanda medidas | Informacións periodísticas apuntan á inxección de diñeiro a Povisa por parte da Xunta, como denuncia a CIG, con opacidade. Tería ocorrido durante a negociación da nova concesión asinada. O montante superaría os 20 millóns de euros á marxe do previsto no convenio | Investigadores da Universidade de Santiago intentan reproducir a sensación de morrer con realidade virtual. O obxectivo: axudar a reducir o medo e a ansiedade en enfermos terminais | Queixas porque a illa de San Simón acollerá o domingo un evento de bachata. Piden á Xunta que o impida | Castelao, Lorca ou Eva Perón en Santiago... Coñecer as cidades polas súas personaxes relevantes é un novo xeito de facer turismo | O barco alemán Platoon recorta distancia co estadounidense American Magic na Copa Galicia 52 Super Series

Rueda pide a convocatoria de eleccións xerais adiantadas na Conferencia de Presidentes. Primeiro dunha comunidade gobernada polo PP en tomar a palabra, saudou en galego e continuou o seu discurso en castelán | Informacións periodísticas apuntan á inxección de diñeiro a Povisa por parte da Xunta, como denuncia a CIG, con opacidade. Tería ocorrido durante a negociación da nova concesión asinada. O montante superaría os 20 millóns de euros á marxe do previsto no convenio | | Os catro detidos na liorta de Pontevedra pasan a disposición xudicial. A policía busca ao quinto participante identificado | Patrullas veciñais en Ourense para tratar de facer máis seguros os seus barrios. O SUP desaconsella tales iniciativas e demanda medidas | Queixas porque a illa de San Simón acollerá o domingo un evento de bachata. Piden á Xunta que o impida | Castelao, Lorca ou Eva Perón en Santiago... Coñecer as cidades polas súas personaxes relevantes é un novo xeito de facer turismo

Un de cada catro mozos en Galicia de entre 14 e 18 anos aposta diñeiro en xogos de azar. Entran nos establecementos de apostas malia estar prohibido | Rueda pide a convocatoria de eleccións xerais adiantadas na Conferencia de Presidentes. Primeiro dunha comunidade gobernada polo PP en tomar a palabra, saudou en galego e continuou o seu discurso en castelán | A maxistratura de España pecha en Sarria as xornadas xurídicas; foro de debate de referencia no que abordaron a independencia xudicial, a violencia de xénero e a reforma xudicial | Patrullas veciñais en Ourense para tratar de facer máis seguros os seus barrios. O SUP desaconsella tales iniciativas e demanda medidas | Castelao, Lorca ou Eva Perón en Santiago... Coñecer as cidades polas súas personaxes relevantes é un novo xeito de facer turismo

No noroeste da Comunidade deixa choivas en xeral débiles, máis persistentes na metade, norte que irán remitindo de cara á noite | As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso | Durante a fin de semana irá entrando o anticiclón, con tempo seco e ascenso de temperaturas

Cambio forzoso na consellería do Mar despois de que Alfonso Villares dimitira por sorpresa por estar investigado nun presunto caso de agresión sexual. A súa sucesora, Marta Villaverde, ten experiencia no departamento dende hai máis dunha década | A última xornada da PAU se desenvólvese no medio da polémica polo exame de Bioloxía. Ademais das protestas dos estudantes, a asociación de directores de secundaria presentou unha reclamación para avaliar a dificultade do exame | Récord de expositores na semana verde de Galicia que arrinca hoxe en Silleda. Esta edición é a máis internacional dos últimos 20 anos, con máis de 150 marcas estranxeiras | Leva case medio século nos escenarios. Ariel Rot, unha das estrelas internacionais do rock máis populares, recala hoxe en Santiago cun espectáculo no que repasa a súa carreira

Cambio forzoso na consellería do Mar despois de que Alfonso Villares dimitira por sorpresa por estar investigado nun presunto caso de agresión sexual. A súa sucesora é Marta Villaverde, con experiencia no departamento | A última xornada da PAU se desenvólvese no medio da polémica polo exame de Bioloxía | Récord de expositores na semana verde de Galicia que arrinca hoxe en Silleda. Esta edición é a máis internacional dos últimos 20 anos | Leva case medio século nos escenarios. Ariel Rot recala hoxe en Santiago cun espectáculo no que repasa a súa carreira

Cambio forzoso na consellería do Mar despois de que Alfonso Villares dimitira por sorpresa por estar investigado nun presunto caso de agresión sexual | A última xornada da PAU se desenvólvese no medio da polémica polo exame de Bioloxía. Protestas dos estudantes e reclamacións para avaliar a dificultade do exame | Récord de expositores na semana verde de Galicia que arrinca hoxe en Silleda | Leva case medio século nos escenarios. Ariel Rot recala hoxe en Santiago cun espectáculo no que repasa a súa carreira

Día moi húmido polo vento do oeste, vento marítimo que achega moita humidade e chuvias febles na franxa atlántica. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas con poucos cambios seguirán en valores baixos para a época do ano. Temperaturas que volverán ser elevadas a partir do domingo pola entrada dunha masa de aire cálido.

Confrontación no Parlamento polas vivendas de uso turístico; a oposición apunta que un de cada tres pertence a empresas con sede social fóra de Galicia | Hábitos de consumo: malia a suba de prezos seis de cada dez persoas admiten que saen xantar o cear fóra máis que o ano pasado | Galicia conta con 36 comunidades enerxéticas, asociacións que xeran enerxía eléctrica para o seu autoconsumo | Queixas polo exame de Bioloxía nas PAU | A Xunta pide “tolerancia cero” fronte ás agresións ao profesorado e “neutralidade ideolóxica” no curso escolar que vén | Selo de excelencia académica para a facultade de Veterinaria en Lugo | A Policía analiza os videos da liorta grupal de Pontevedra que rematou con tres feridos de arma blanca e catro detidos | Detida unha banda de Oroso que se dedicaba ao roubo de cobre | Chamamento en Laxe para dar aloxamento ás familias que perderon a súa vivenda no incendio da fin de semana | Obradoiros de cine e música para completar a terapia das enfermidades mentais | Santiago acolle estes días o mercado das artes escénicas con encontros entre promotores e compañías | MJ Pérez lanza o sinxelo 'Perdín a memoria', unha explosión de liberdade emocional adianto do seu novo disco

Críticas polo exame de Bioloxía nas PAU con queixas mesmo dende o profesorado. A segunda xornada transcorre con menos nervios pero máis esgotamento | A Policía analiza as imaxes dunha liorta en Pontevedra que se saldou con 3 feridos por arma branca e catro detidos. A colaboración cidadá permitiu localizar axiña a arma, un coitelo de cociña que estaba nunha xardineira da praza. As forzas de seguridade piden máis efectivos e unha abordaxe especial para este tipo de situacións | Chamamento en Laxe para dar aloxamento ás familias que perderon a súa vivenda no incendio da fin de semana | O apagamento aumentou o interese nas comunidades enerxéticas... As primeiras creáronse buscando o aforro e contan tamén con outro tipo de beneficios para incentivalas. Arestora hai 36 en Galicia | Obradoiros de cine e música para completar a terapia das enfermidades mentais | A Xunta pretende comprar o edificio que contén os frescos de Lugrís | MJ Pérez lanza o sinxelo 'Perdín a memoria', unha explosión de liberdade emocional adianto do seu novo disco

Xantamos e ceamos máis fóra das nosas casas incluso malia a suba de prezos; 8 de cada 10 persoas fan fóra unha destas comidas de xeito frecuente. Cando é por mor do traballo a opción do ‘tupper’ é a que prevalece. E a demanda de cociña a domicilio medra... En momentos de ocio, cada vez somos menos noctámbulos; aperitivo e ‘tardeo’ gañan adeptos | O apagamento aumentou o interese nas comunidades enerxéticas... As primeiras creáronse buscando o aforro e contan tamén con outro tipo de beneficios para incentivalas. Arestora hai 36 en Galicia | A Policía analiza as imaxes dunha liorta en Pontevedra que se saldou con 3 feridos por arma branca e catro detidos. A colaboración cidadá permitiu localizar axiña a arma, un coitelo de cociña que estaba nunha xardineira da praza. As forzas de seguridade piden máis efectivos e unha abordaxe especial para este tipo de situacións que cada vez son máis frecuentes | As artes escénicas tamén teñen o seu mercado... e está a ter lugar estes días en Santiago. Promotores culturais e compañías toman contacto e pechan acordos en Galicia Escena PRP. Entramos nesta feira do talento para ver como funciona

Os ceos han quedar menos nubrados pola tarde e as temperaturas sen demasiados cambios; máximas que roldarán os 20 graos agás en Ourense onde poden acadar os 24 | Un tempo que continuará sen moitos cambios ata a fin de semana.

Primeira de tres xornadas, nunha PAU que, ademais de avaliar os coñecementos, dá peso á capacidade analítica e resolutiva dos estudantes e é máis esixente, por exemplo, coas faltas de ortografía | Oferta universitaria pública e privada en Galicia | A Xunta buscará un acordo cos 86 concellos costeiros para xestionar o litoral | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a construción de tres parques eólicos en Lugo | Entrega de sinaturas na Xunta contra a xuntanza do Goberno galego co representante de Israel en España | Novo plan de comunicación dixital entre os cidadáns e a sanidade pública | Xogo de experiencia para se pór na pel das persoas con enfermidades intestinais inflamatorias | Galicia sumou máis de 7.000 novos empregos en maio e o número de demandantes de traballo baixou en case 4.000 persoas | Stonegal, primeira edición dunha feira que busca potenciar o uso da pedra natural en arquitectura e decoración | TVE dixitaliza máis de 50 anos de historia galega en imaxes | Xurxo Martiño invita a reflexionar sobre a construción artística e a relación entre o orgánico e estruturado en ‘Aproximación formal ‘

Primeira de tres xornadas, nunha PAU que, ademais de avaliar os coñecementos, dá peso á capacidade analítica e resolutiva dos estudantes e é máis esixente, por exemplo, coas faltas de ortografía | A Xunta buscará un acordo cos 86 concellos costeiros para xestionar o litoral | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a construción de tres parques eólicos en Lugo | Stonegal, primeira edición dunha feira que busca potenciar o uso da pedra natural en arquitectura e decoración | Galicia sumou máis de 7.000 novos empregos en maio e o número de demandantes de traballo baixou en case 4.000 persoas | Novo plan de comunicación dixital entre os cidadáns e a sanidade pública | Castelao diante de nós gracias á intelixencia artificial; unha nova aproximación á súa obra

Primeira de tres xornadas, nunha PAU que, ademais de avaliar os coñecementos, dá peso á capacidade analítica e resolutiva dos estudantes e é máis esixente, por exemplo, coas faltas de ortografía | A Xunta buscará un acordo cos 86 concellos costeiros para xestionar o litoral | Stonegal, primeira edición dunha feira que busca potenciar o uso da pedra natural en arquitectura e decoración | TVE dixitaliza máis de 50 anos de historia galega en imaxes | Xurxo Martiño invita a reflexionar sobre a construción artística e a relación entre o orgánico e estruturado en ‘Aproximación formal ‘

Chega unha fronte pouco activa que deixará chuvias febles esta noite na metade norte e na franxa atlántica | Día nubrado con abundantes claros nas horas centrais | Temperaturas mínimas sen cambios e as máximas soben lixeiramente na metade norte, quedando entre os 20 graos da Coruña e os 25 de Ourense. Valores normais para esta época | Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

A partir deste mércores poderase adquirir o bono comercio con descontos de ata 30 euros por persoa no comercio de proximidade | A manifestación multitudinaria contra as celulosas de Ence en Pontevedra e a proxectada por Altri en Palas de Rei centran as críticas da oposición contra a Xunta | Facenda xa abonou case tres de cada catro declaracións presentadas | Os exames da PAU xa están distribuídos nos 36 centros nos que se celebrará a proba | En Galicia hai máis de 3.000 rapaces con altas capacidades e se calcula que só están diagnosticados dous de cada 100 | As mostras do ADN dos corpos atopados calcinados en Campo Lameiro, Pontevedra, xa están no servizo de criminalística da Garda Civil de Madrid | Os tres rapaces que presuntamente agrediron sexualmente a outra pequena en Vigo están a disposición da Fiscalía de menores | Catro anos de prisión a un home por agredir sexualmente a unha empregada | Campaña para vacinar aos menores de 65 anos fronte ao aumento da gonorrea | En Ferrol comezou o xuízo aos tres integrantes da mafia que distribuía pílulas abortivas a través das redes sociais | Morre unha muller atropelada en Burela no recinto das festas patronais | A complexa relación de Valle Inclán e Josefina Blanco que acabou no primeiro divorcio de España, a través das cartas do escritor | Dépor e Racing de Ferrol derrotados na última xornada mentres o Celta xa traballa no mercado de verán | Sesións preparatorias da Galicia 52 Súper Series Royal Cup | 30 barcos participaron a fin de semana na primeira regata de cruceiros "Cidade de Ferrol

A partir deste mércores poderase adquirir o bono comercio con descontos de ata 30 euros por persoa no comercio de proximidade | Os exames da PAU xa están distribuídos nos 36 centros nos que se celebrará a proba. Últimos preparativos e nervios tamén entre os estudantes | Rueda pretende que a Conferencia de Presidentes aborde o reparto de menores migrantes non acompañados | A manifestación multitudinaria contra as celulosas de Ence en Pontevedra e a proxectada por Altri en Palas de Rei centran as críticas da oposición contra a Xunta | A complexa relación de Valle Inclán e Josefina Blanco que acabou no primeiro divorcio de España, a través das cartas do escritor | Nova edición do ‘Estrelas no camiño’ | Dépor e Racing de Ferrol derrotados na última xornada mentres o Celta xa traballa no mercado de verán | Sesións preparatorias da Galicia 52 Súper Series Royal Cup | 30 barcos participaron a fin de semana na primeira regata de cruceiros "Cidade de Ferrol

Os exames da PAU xa están distribuídos nos 36 centros nos que se celebrará a proba | A partir deste mércores poderase adquirir o bono comercio con descontos de ata 30 euros por persoa no comercio de proximidade | As mostras do ADN dos corpos atopados calcinados en Campo Lameiro, Pontevedra, xa están no servizo de criminalística da Garda Civil de Madrid | Sesións preparatorias da Galicia 52 Súper Series Royal Cup cos fórmula 1 do mar

Nubes no terzo norte, sen descartar algunha chuvia feble na Mariña, no resto nubes e claros e posibilidade de chuvascos con treboadas no leste de Ourense | As temperaturas continuarán en descenso. As máximas roldarán os 20 graos na metade norte e os 25 polo sur | O vento soprará moderado do nordés con intervalos fortes do norte no oeste

O Consello de Contas recrimina fallas de transparencia no plan contable do SERGAS e exceso de privatización da sanidade | Novo calendario de protestas no hospital de Burela | Entra en vigor o novo plan de Aagroseguro con importantes novidades para o gando ovino e caprino e cunha nova taxación do leite | Aniversario da Aula de produtos lácteos | Case 47.000 fogares galegos beneficiáronse do ingreso mínimo vital dende a súa aprobación hai 5 anos | A toxina do botulismo sería a principal causa de mortaldade das gaivotas, segundo un estudo internacional no que que participa o Instituto Oceanográfico de Vigo | Noite tropical e récord de temperatura en Ourense | Convenio entre a Xunta e o concello da Coruña para a recollida de refugallos | O xurado do crime de Cristina Cabo declara ao acusado José Valencia culpable de asasinato | A Fiscalía recorrerá a absolución polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Alejandro Míguez, un dos catro acusados da morte de Samuel Luiz | O mellor barista de España é, por segundo ano consecutivo, un galego | Máquinas expendedoras que ofrecen cociña galega | Os galegos somos dos que máis comemos: de media cada persoa consume 600 quilos ou litros ao ano | Balance da tempada do Celta | Nove temas con contos, soños e lembranzas en 'Pélago, contos oníricos'; o novo disco artesanal de Guadi Galego | Eva Amaral canta en galego ‘Non quero perderte’ de Eladio y los Seres Queridos. Xunto a eles, as Fillas de Cassandra

Novo calendario de protestas no hospital de Burela | O Consello de Contas recrimina fallas de transparencia no plan contable do SERGAS e exceso de privatización da sanidade | Case 47.000 fogares galegos beneficiáronse do ingreso mínimo vital dende a súa aprobación hai 5 anos | O xurado do crime de Cristina Cabo declara ao acusado José Valencia culpable de asasinato | Entra en vigor o novo plan de Aagroseguro con importantes novidades para o gando ovino e caprino e cunha nova taxación do leite | Diferentes entidades sociais presentaron unhas 1.500 mil sinaturas para que se arquiven os trámites da concesión de auga para o proxecto da celulosa en Palas de Rei | A toxina do botulismo sería a principal causa de mortaldade das gaivotas, segundo un estudo internacional no que que participa o Instituto Oceanográfico de Vigo | Nove temas con contos, soños e lembranzas en 'Pélago, contos oníricos'; o novo disco artesanal de Guadi Galego | Eva Amaral canta en galego ‘Non quero perderte’ de Eladio y los Seres Queridos. Xunto a eles, as Fillas de Cassandra

Entra en vigor o novo plan de Aagroseguro con importantes novidades para o gando ovino e caprino e cunha nova taxación do leite | O Consello de Contas recrimina fallas de transparencia no plan contable do SERGAS e exceso de privatización da sanidade | A toxina do botulismo sería a principal causa de mortaldade das gaivotas, segundo un estudo internacional no que que participa o Instituto Oceanográfico de Vigo | Nove temas con contos, soños e lembranzas en 'Pélago, contos oníricos'; o novo disco artesanal de Guadi Galego

Xornada na que aumenta a inestabilidade atmosférica despois do día máis caloroso no que levamos de ano, con récord de temperatura en Ourense para un mes de maio ao superar os 38ºC. Alí hoxe aínda poden chegar aos 36 graos. Tamén seguirá a calor en puntos coma Lugo, Pontevedra ou Santiago cos termómetros roldando os 30. Temperaturas que baixaran durante a fin de semana

Reunión de urxencia da Xunta cos reitores das tres universidades galegas despois de que a da Coruña anunciase a súa intención de ter unha facultade de medicina. Ricardo Cao alega que non se están a cumprir os acordos de formación nos hospitais fóra de Santiago e apunta ao recente acordo da universidade privada de Galicia para formar sanitarios | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Mellorar a eficacia na xestión dos Bancos de Alimentos é un dos obxectivos do congreso que se celebra hoxe en Ourense, onde están reunidos os responsables dos 54 bancos de Alimentos de España | A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | Nova mobilización de pensionistas en dez cidades e vilas galegas, para reclamar a blindaxe das pensións na constitución | Centos de mariñeiros que faenan en augas internacionais solicitarán que se lles devolvan retencións dos últimos 5 anos tras unha sentenza do Supremo sobre tripulantes da Armada | Un recluso do cárcere da Lama, en Pontevedra agrede a un funcionario cunha arma punzante coñecida tras un altercado con varios internos | Os apicultores galegos inician os trámites para protexer a abella negra ibérica fronte á introdución de especies foráneas nun programa a nivel nacional | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán | Protagonismo feminino na gala dos premios Martín Códax da música entregados no Pazo da Cultura de Pontevedra | Último espectáculo de ‘Conexións Vigo’: Música e danza clásicas no monte do Castro co fondo da Ría

Reunión de urxencia da Xunta cos reitores das tres universidades galegas despois de que a da Coruña anunciase a súa intención de ter unha facultade de medicina. Ricardo Cao alega que non se están a cumprir os acordos de formación nos hospitais fóra de Santiago e apunta ao recente acordo da universidade privada de Galicia para formar sanitarios | A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | 15 anos de prisión para o home de Vigo acusado de asasinar ao seu compañeiro ocupa | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Protagonismo feminino na gala dos premios Martín Códax da música entregados no Pazo da Cultura de Pontevedra | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán | Último espectáculo de ‘Conexións Vigo’: Música e danza clásicas no monte do Castro co fondo da Ría

A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Mellorar a eficacia na xestión dos Bancos de Alimentos é un dos obxectivos do congreso que se celebra hoxe en Ourense, onde están reunidos os responsables dos 54 bancos de Alimentos de España | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán